Sunday 05 de May de 2024

Vicent van Gogh achega a Ordes o ‘Fotoimpresionismo’ de Xosé Rivera


O fotógrafo e artista visual Xosé Rivera inaugurou a súa mostra ‘Fotoimpresionismo’ arroupado por un bo número de público. Rivera, caracterizado como Vicent van Gogh, convertiu este acto nunha auténtica performance na que fixo unha disertación sobre a corrente artística impresionista e as técnicas fotográficas empregadas para acadar o resultado que dende onte colga das paredes do Museo do Traxe.
‘Fotoimpresionismo’ defínese como un exercicio de exploración das posibilidades que abrangue a técnica fotográfica na procura de ilusións ópticas preconcibidas. Un obxectivo acadado con sobrada profesionalidade por parte do xoven autor, cuxo mérito se acrecenta pola ausencia de programas de retoque e efectos visuais nas pezas presentadas”.
A mostra poderá visitarse no Museo do Traxe ata o martes 19 de abril. A partir de entón ocupará un espazo propio na vindeira feira multisectorial e de maquinaria agrícola ExpoOrdes 2016, a cal terá lugar os vindeiros 22, 23 e 24 de abril.